mércores, 19 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2021.

Para celebrar o Día das Letras Galegas , dende o Equipo de Biblioteca e O EDLG propúxose elaborar por curso un audioconto. Os nenos participaron facendo os debuxos e poñéndolle voz as imaxes. O resultado foi impresionante. INFANTIL 3 ANOS. INFANTIL 4 ANOS. INFANTIL 5 ANOS. 1º DE PRIMARIA. 2º DE PRIMARIA. 3º DE PRIMARIA. 4º DE PRIMARIA. 5º DE PRIMARIA. 6º A. 6º B. CLASE AL. AULA DE APOIO.1 AULA DE APOIO.3

martes, 20 de abril de 2021

Letras Galegas 2021.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias. Nesta serie de vídeos explícasenos de forma amena un pouco da súa vida e obra.

martes, 23 de febreiro de 2021

Rosalía de Castro. 2021

Pequeno video/conto feito polos alumnos de 4º de Primaria co motivo da celebración do Día de Rosalía.

sábado, 20 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

O 24 de Febreiro celebramos a data de nacemento dunha das escritoras máis importantes da nosa lingua. Fixádevos que traballo máis bonito fixeron unhas mestras para repasar un pouco da súa vida e obra.

ENTROIDO 2021

Este ano o entroido foi un pouco especial debido a situación que estamos pasando pola pandemia do COVID-19. De tódolos xeitos pasámolo moi be e fixemos cousas moi divertidas. Agradecer a todo o alumnado o bo comportamento e a participación neste entroido tan especial ao profesorado do centro pola implicación e a profe Mar polo traballo de edición dos vídeos.

domingo, 25 de outubro de 2020

CHEGA O SAMAÍN!!!

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aíndaque dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

martes, 19 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero.

Traballo de recopilación de ferramentas e de construccións típicas de Galicia. Un non sabe quen é se non sabe de onde ven!!!

Os Xogos dos nosos Avós/as.

Traballo acerca do xogos populares aos que xogaban os nosos antergos , organizado polo Profe de Educación Física Carlos e recopilado polos alumnos do Ceip de Maceda co motivo das Letras Galegas. GRAN TRABALLO CHICOS!!!!.

luns, 18 de maio de 2020

venres, 8 de maio de 2020

MAIOS 2020





Mostra dos traballos elaborados polos alumnos do Cole co motivo da celebración do Maio 2020.

mércores, 6 de maio de 2020

Día das Letras Galegas.

Xa queda menos para a celebración das Letras Galegas.
Este ano adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero.
Preséntovos unha actividade moi chula feita por unhas compañeiras doutro centro..
Probade a facelo, aprenderemos moitas cousas acerca deste autor e pasaremos un bo rato.
E para os máis pequenos este outro.

mércores, 29 de abril de 2020

Festa dos Maios en Familia.!!

Bo día familias!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse, como actividade( NON OBRIGATORIA) para esta fin de semana a elaboración de pequenos "Maios" ou de coplas. A intención é que sexa unha actividade familiar na que participen todos.
Os Maios poderán ser feitos empregando distintas técnicas: Debuxados nun folio e decorados ou elaborando  pequenas construccións(se empregamos un cono feito con carton ou papel  de base  resultaranos sinxelo)  adornadas  con flores, ramas, follas (  recollidas aproveitando que podemos sair a dar un paseo).
Tamén podemos facer unhas pequenas coplas (dúas estrofas de catro versos)
Ao rematar ,cada neno pode enviar unha foto d@ nen@ co seu Maio que será compartida na páxina web do centro e no blog do EDLG.
A data límite de recollida das fotos sería o próximo mércores día 6.
Animádevos!!!!!!!






Os Maios en Ourense.

martes, 28 de abril de 2020

FESTA DOS MAIOS.

                                                           

Como vedes no enlace, a festa dos maios ten unha orixe moi antiga, para celebrar o comezo da primavera facíanse unhas construccións aproveitando elementos naturais e logo cantaban ao redor unhas cantigas "Coplas dos Maios" .
Nun inicio podemos falar de dous tipos de maios :
- "Maios Humanos": Cando se adornan aos nenos/as  con follas, ramas , flores etc etc.
- "Maios Figurativos"Cando o maio é unha figura feita con madeira e recuberta con musgo, xestas... e adornado con flores, laranxas , cascaras de ovo etc etc.
Os tradicionais son de forma "Cónica" que recordan á figura dunha árbore.
Máis tarde , en zonas de costa, apareceron outros figuras representativas destas vilas.
- "Maios de barco": Son figuras feitas con madeira ou con cartón con formas de barcos e logo adornadas con flores, musgo etc etc 

Ao redor dos maios sempre se cantan  cantigas , nun inicio eran sempre as mesmas que se repetían ano tras ano tratando temas relacionados co campo , pero nas últimas décadas soen ser cancións feitas , cun "espíritu crítico" onde se fala de temas políticos , culturais ou de cuestións de actualidade.

Como facer as Coplas para os maios

Correlingua 2020

Traballos feitos polos alumnos de 6º de EI e de 3º de EP  co motivo da participación no concurso "Correlingua."






DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2021.

Para celebrar o Día das Letras Galegas , dende o Equipo de Biblioteca e O EDLG propúxose elaborar por curso un audioconto. Os nenos partic...