martes, 28 de abril de 2020

FESTA DOS MAIOS.

                                                           

Como vedes no enlace, a festa dos maios ten unha orixe moi antiga, para celebrar o comezo da primavera facíanse unhas construccións aproveitando elementos naturais e logo cantaban ao redor unhas cantigas "Coplas dos Maios" .
Nun inicio podemos falar de dous tipos de maios :
- "Maios Humanos": Cando se adornan aos nenos/as  con follas, ramas , flores etc etc.
- "Maios Figurativos"Cando o maio é unha figura feita con madeira e recuberta con musgo, xestas... e adornado con flores, laranxas , cascaras de ovo etc etc.
Os tradicionais son de forma "Cónica" que recordan á figura dunha árbore.
Máis tarde , en zonas de costa, apareceron outros figuras representativas destas vilas.
- "Maios de barco": Son figuras feitas con madeira ou con cartón con formas de barcos e logo adornadas con flores, musgo etc etc 

Ao redor dos maios sempre se cantan  cantigas , nun inicio eran sempre as mesmas que se repetían ano tras ano tratando temas relacionados co campo , pero nas últimas décadas soen ser cancións feitas , cun "espíritu crítico" onde se fala de temas políticos , culturais ou de cuestións de actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2021.

Para celebrar o Día das Letras Galegas , dende o Equipo de Biblioteca e O EDLG propúxose elaborar por curso un audioconto. Os nenos partic...