mércores, 29 de abril de 2020

Festa dos Maios en Familia.!!

Bo día familias!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponse, como actividade( NON OBRIGATORIA) para esta fin de semana a elaboración de pequenos "Maios" ou de coplas. A intención é que sexa unha actividade familiar na que participen todos.
Os Maios poderán ser feitos empregando distintas técnicas: Debuxados nun folio e decorados ou elaborando  pequenas construccións(se empregamos un cono feito con carton ou papel  de base  resultaranos sinxelo)  adornadas  con flores, ramas, follas (  recollidas aproveitando que podemos sair a dar un paseo).
Tamén podemos facer unhas pequenas coplas (dúas estrofas de catro versos)
Ao rematar ,cada neno pode enviar unha foto d@ nen@ co seu Maio que será compartida na páxina web do centro e no blog do EDLG.
A data límite de recollida das fotos sería o próximo mércores día 6.
Animádevos!!!!!!!






Os Maios en Ourense.

martes, 28 de abril de 2020

FESTA DOS MAIOS.

                                                           

Como vedes no enlace, a festa dos maios ten unha orixe moi antiga, para celebrar o comezo da primavera facíanse unhas construccións aproveitando elementos naturais e logo cantaban ao redor unhas cantigas "Coplas dos Maios" .
Nun inicio podemos falar de dous tipos de maios :
- "Maios Humanos": Cando se adornan aos nenos/as  con follas, ramas , flores etc etc.
- "Maios Figurativos"Cando o maio é unha figura feita con madeira e recuberta con musgo, xestas... e adornado con flores, laranxas , cascaras de ovo etc etc.
Os tradicionais son de forma "Cónica" que recordan á figura dunha árbore.
Máis tarde , en zonas de costa, apareceron outros figuras representativas destas vilas.
- "Maios de barco": Son figuras feitas con madeira ou con cartón con formas de barcos e logo adornadas con flores, musgo etc etc 

Ao redor dos maios sempre se cantan  cantigas , nun inicio eran sempre as mesmas que se repetían ano tras ano tratando temas relacionados co campo , pero nas últimas décadas soen ser cancións feitas , cun "espíritu crítico" onde se fala de temas políticos , culturais ou de cuestións de actualidade.

Como facer as Coplas para os maios

Correlingua 2020

Traballos feitos polos alumnos de 6º de EI e de 3º de EP  co motivo da participación no concurso "Correlingua."






Un saúdo Chavales!!!! Moitos bicos.!!!!

luns, 6 de abril de 2020

Avoas , as mellores mestras

Video editado polo EDLG en colaboración coas familias do noso centro, co motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2021.

Para celebrar o Día das Letras Galegas , dende o Equipo de Biblioteca e O EDLG propúxose elaborar por curso un audioconto. Os nenos partic...