domingo, 25 de outubro de 2020
CHEGA O SAMAÍN!!!
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán,
principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín,
especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o
período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir
nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite
máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas
horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus
moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e
errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas
nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en
campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da
caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos
melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás
investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que
se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e
concretamente para o caso de España, por todas as zonas con
presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza
atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en
ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aíndaque dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas,
caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira,
colondros en Ourense...etc.
xoves, 28 de maio de 2020
martes, 19 de maio de 2020
Día das Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero.
Traballo de recopilación de ferramentas e de construccións típicas de Galicia. Un non sabe quen é se non sabe de onde ven!!!
Os Xogos dos nosos Avós/as.
Traballo acerca do xogos populares aos que xogaban os nosos antergos , organizado polo Profe de Educación Física Carlos e recopilado polos alumnos do Ceip de Maceda co motivo das Letras Galegas. GRAN TRABALLO CHICOS!!!!.
luns, 18 de maio de 2020
DEITADO FRENTE AO MAR.
Traballo realizado polos alumn@s de 5º co motivo do "Día das Letras Galegas"..FERMOSÍSIMO!!!!
mércores, 13 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Ricardo Carvalho Calero.
Libro dos Bolechas acerca do autor homenaxeado no día das letras galegas 2020.
venres, 8 de maio de 2020
MAIOS 2020
Mostra dos traballos elaborados polos alumnos do Cole co motivo da celebración do Maio 2020.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2021.
Para celebrar o Día das Letras Galegas , dende o Equipo de Biblioteca e O EDLG propúxose elaborar por curso un audioconto. Os nenos partic...